Semana de Vocación Misión

Updated: May 19

Rematamos a semana participando nas distintas actividades programadas polo Equipo de Animación Pastoral do colexio.

Foron unhas xornadas que comezaron o luns coa conmemoración de Santa Luisa de Marillac, fundadora das Fillas da Caridade.

Durante toda a semana traballamos o valor do amor, a axuda e o compartir a través das merendas solidarias e, dun xeito especial, na xornada de Xogos do luns, con moita participación e emoción por parte de todo o alumnado.

Moitas grazas pola colaboración!



16 views0 comments

Related Posts

See All