Curso 2021-22

Primeiros pasos cos máis peques do cole.

Por diante agárdanos moitas aprendizaxes e logros por acadar.

Comezamos co Período de Adaptación aos novos espazos e tempos.

Traballaremos os hábitos, as habilidades sociais, as emocións e iniciarémonos na manipulación de distintos materiais que permitan favorecer o desenvolvemento das destrezas motoras.

A plastilina é un deses materiais que permiten conxugar xogo, diversión, concentración, toma de decisións e un fantástico traballo da motricidade fina.

Benvidos e benvidas!



3 views0 comments

Related Posts

See All