Resumo nun minuto "Arañas nas teas, espertas nas ceas" "Cabazas aumentadas, bailando apertadas" "Anteface de cabaza, para levar á casa" "Non pode faltar, algo para xantar"
Hoxe coñecemos un pouco máis o noso cole achegándonos ao segundo piso para visitar a biblioteca escolar e participar no sistema de préstamos de libros.
Estamos a investigar pegadas e descubrindo que, se nos fixamos ben, podemos adiviñar a quen pertencen pois hai moitas diferentes. Observando as nosas mans, custábanos un pouco ver os debuxos das pegadas dactilares pero si fomos capaces de ver as liñas da palma da nosa man. Para que resultase máis doado, repasamos con rotus borrables as nosas liñas e foi realmente unha experiencia que nos axudou a mellorar a motricidade fina, a pinza dixital e a coordinación óculo manual mentr
Coa manipulación e a experimentación obtemos gran información da contorna. A través do tacto desenvolvemos sensacións e percepcións que serán a base de procesos cognitivos superiores.
Aproveitando o agasallo de @mabs_and_mama da maqueta dun cole puidemos coñecer un pouco máis un cole por dentro e por fora e mesmo contamos cun bus escolar personalizado.
Fundas de plástico para debuxar sobre a nosa cara cada unha das súas partes con xiz líquido. Ao finalizar colocamos un folio branco dentro e xa temos un retrato do noso compañeiro ou compañeira. Para completalo recorremos á tecnoloxía e os coloreamos editando os retratos cun efecto artístico.
Traballamos as diferentes partes da cara xogando co noso propio corpo, con xogos de composición e creación de caras con distintos elementos, con cancións mimadas e finalmente animámonos a debuxala.
Co uso do gomet traballamos a motricidade fina, a pinza dixital, a coordinación óculo manual, a orientación espacial, a direccionalidade, a atención, a seriación, a toma de decisións, a serie numérica,… e que ademais achega unha gran motivación Poderoso o uso do gomet!