Hoxe celebramos no cole a festividade de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade, titularidade do noso colexio e así aprendemos un pouco da súa vida e aprendemos a súa canción.
Chegamos ao final do Período de adaptación acompañando a Casimira cos nosos retratos. Formamos así un equipo de amiguiños e amiguiñas dispostos a avanzar nas misións que nos agardan no proxecto Croqueta. Estamos preparados e preparadas!
Empezamos a coñecer á nosa mascota Casimira Canelón. Estaba moi asustada porque non sabe como é o noso cole nin coñece os nosos nomes, por iso da súa caixiña saían pingas de pequenas bágoas. Gustounos tanto que cando a sacamos da caixa quixemos que soubese os nosos nomes e saudámola ata que se tranquilizou. Ola Casimira, estamos encantados de coñecerte.
Primeiros pasos cos máis peques do cole. Por diante agárdanos moitas aprendizaxes e logros por acadar. Comezamos co Período de Adaptación aos novos espazos e tempos. Traballaremos os hábitos, as habilidades sociais, as emocións e iniciarémonos na manipulación de distintos materiais que permitan favorecer o desenvolvemento das destrezas motoras. A plastilina é un deses materiais que permiten conxugar xogo, diversión, concentración, toma de decisións e un fantástico traballo da